O ÚLTIMO DÍA
Entramos e acendimos os orednadores como cada luns ás 4 da tarde. Pero este era o último luns. Cando todo omundo estivo instalado intentamos resolver as dúbidas sobre os portafolios e o resto de proxectos que tiñamos pendentes: como sempre, os apuros de última hora...
As clases de NNTT presentáronse, no traballo non presencial, como clases abertas á reflexión; mostra disto é o portafolios (unha rememoración de todo orealizado nesta asignatura ó longo do cuatrimestre, sempre desde a visión crítica que se supón de un futuro docente).
Se pretendemos levar a bo porto unha Educación de calidade, non podemos obviar o papel esencial das TIC na sociedade. Porque o profesor debe ser un mediador que forneza os seus alumnos das ferramentas necesarias para cambiar a Sociedade. Non pode, por iso, deixar de coñecela en profundidade e ser consciente do carácter dinámico que lle é propio.
Este é o última día, non o derradeiro.
