Despois de varias clases e bastantes horas parece que empeza a aclararse que é isto das NNTT. En canto á realización do mapa conceptual foi algo frustrante pois perdín moito tempo para realizalo, en parte por non coñecer moi ben o programa. Penso que este (cmaptools) non é un programa útil para min pois sempre realicei os mapas de xeito tradicional (lapis, rotuladores e papel) e síntome máis cómoda facéndoo así, ademais, o resultado final non dista moito entre o mapa tradicional e o relizado coa axuda do programa. Espero que a miña opinión sobre o uso destes recursos educativos cambien a medida que me introduza no mundo das NNTT pero polo de agora só me trouxeron quebradeiros de cabeza e moita frustración. Manteño o de que preciso a vosa axuad nesta asignatura. un saúdo
novas tecnoloxias
Este blog é unha fiestra aberta á reflexión obre as NNTT, a súa incrusión nas aulas e as expectativas que crean. Ademais é un espazo para o intercambio útil de información e a colaboración entre compañeiros.
0 Comments:
Enregistrer un commentaire
<< Home